Energy Sistem comercializa unha batería externa para os nosos dispositivos electrónicos

luns, 1 de abril do 2013 Marcus Fernández

Un dos grandes problemas que padecen actualmente os dispositivos móbiles é a súa autonomía, o que resulta especialmente grave no caso de trebellos con batería interna non extraíble, e para usuarios que queiran poder viaxar de balde, sen ter que andar pendentes de ter a man un enchufe para poder cargar o seu móbil, tablet, reprodutor multimedia... temos solucións como a Energy Extra Battery 5200, unha batería portátil recargable, cunha capacidade de 5.200 mAh, que conta con 8 adaptadores para poder cargar a un amplo abano de dispositivos.
Esta batería de Energy Sistem conta cun indicador LED para controlar o seu nivel de carga, pode cargarse á vez que alimenta un dispositivo externo, pesa 140 gramos, ten un grosor de só 13 milímetros e pode conter o 95% da súa carga ata 30 días. Ao contar cunha saída USB de 5V e ata 1.000 mAh, é capaz de cargar tanto a smartphones como a tablets e está xa á venda por 29,99 euros.

A batería pode cargar un dispositivo externo durante a súa recarga
O batería de Energy Sistem achega potencia suficiente como para cargar un tablet

PUBLICIDADE