Essential, o smartphone de Andy Rubin
martes, 30 de maio do 2017
Durante os últimos meses comentábase que o considerado como
pai de Android, Andy
Rubin, estaba a preparar un smartphone de seu, que apostarÃa polos
materiais de calidade e as opcións de personalización, e por fin podemos ver o
que é Essential, un teléfono cunha
pantalla de 5,71 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.312 pÃxeles (que ocupa
tanto da superficie do teléfono que rodea
a cámara frontal), corpo de titanio, traseira de cerámica e a posibilidade de
engadirlle accesorios a través dun conector magnético que inicialmente serve
para dotar ao smartphone coa cámara persoal de 360 graos máis cativa do mercado
(que integra dous sensores de 12 MpÃxeles e pode gravar vÃdeo 360 en 4K).
O teléfono Essential funcionarÃa cun procesador Qualcomm Snapdragon 835 con 4
GB de RAM e 128 GB de almacenamento interno (UFS 2.1), unha cámara traseira dual
de auténtico luxo (cun sensor de cor e outro de branco e negro, distintas
tecnoloxÃas de enfoque e a posibilidade de gravar vÃdeo en 4K), cámara frontal
de 8 MpÃxeles (tamén capaz de gravar vÃdeo 4K), Wi-Fi AC, Bluetooth 5.0, NFC,
lector traseiro de pegadas dixitais e baterÃa de 3.040 mAh con carga rápida,
USB-C. Ten un grosor de 7,8 milÃmetros e o seu peso non chega aos 185 gramos.
O seu prezo de lanzamento nos EE.UU. será de 699 dólares e, como promoción, a
cámara 360 que poden conectarse magneticamente supón un sobrecusto de só 50
dólares, ou sexa, que por uns 670 euros poderÃa conseguirse un dos smartphones
máis completos do mercado, aÃnda que máis de un considerará que fallar por detalles
como a ausencia do conector de auriculares.
Haberá que ver se esta proposta de Andy Rubin realmente ten atractivo
comercial, de xeito que chegue a comercializarse máis aló dos EE.UU.