Evolve sae á venda para PS4, Xbox One e PC
martes, 10 de febreiro do 2015
Hoxe chega ás tendas a última produción de Turtle Rock
Studios, creadores de Left 4 Dead, o
prometedor xogo de acción Evolve, que proponse como un shooter multi-xogador de nova xeración
no que catro xogadores enfrontan a un monstro controlado por un so xogador en partidas
de catro contra un cheas de adrenalina. Deste xeito poderemos optar por
encargar a un monstro con salvaxes habilidades ou a unha das catro clases de
cazadores (trampeiro, apoio, asalto e médico) para rematar coa criatura en
equipo.
Estamos ante unha das grandes apostas de 2K Games para a primeira metade do
ano, que chega simultaneamente a Xbox
One, PlayStation
4 e PC (Steam), a
un prezo de 69,99 euros nas consolas da presente xeración e de 59,99 dólares no
caso de versión para ordenadores con Windows. Por 20 euros adicionais tamén é
posible mercar unha edición de luxo de Evolve
que inclúe varios contidos descargables e o pase de tempada que inclúe 4
cazadores novos e 3 deseños de magma exclusivos.
- O xogo permÃtenos formar parte dun equipo de catro cazadores ou controlar á criatura á que teñen que enfrontarse
Trailer de lanzamento de Evolve