FIFA 11 é o xogo deportivo máis vendido no seu lanzamento

mércores, 6 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Os videoxogos deportivos adaptan con grande éxito disciplinas coma o hockey, o fútbol americano, o baloncesto, o baseball, o golf… cada un con éxito en distintas partes do mundo, pero aínda que goce de pouca sona, parece que o fútbol europeo é o que se impón no mundo dos bits, pois o lanzamento de FIFA 11 converteuse no maior dun xogo deportivo con 2,6 millóns de copias vendidas na súa primeira semana (o que sumaría uns 150 millóns de dólares) o que tamén notouse no xogo en liña segundo EA Sports, compañía que asegura que nos dous primeiros días deste título en Europa rexistraron máis de 18,6 millóns de conexións nos seus servidores, dos que 11,3 millóns correspondían unicamente ao FIFA 11.
FIFA 11 tamén convértese no terceiro maior lanzamento no Reino Unido, só por detrás de Grand Theft Auto IV e Modern Warfare 2.

Que FIFA 11 incluíse poucas novidades non impediu que tivese unha boa acollida

PUBLICIDADE