FIFA 14 chega a Windows Phone 8
venres, 28 de febreiro do 2014
Meses despois da súa estrea na App Store e en Google Play, chega
o xogo FIFA 14 a Windows Phone 8,
repetindo a fórmula do free-to-play
que esta temporada decidiu adoptar Electronic Arts na versión móbil do seu xogo
de fútbol, de xeito que os usuarios poderán realizar pagamentos dentro da
aplicación para poder mellorar o seu equipo ou adquirir novos modos de xogo.
Este tÃtulo que ofrece 34 ligas con máis de 600 equipos e máis de 16.000
xogadores só será compatible con terminais con Windows Phone 8 que teñan un
mÃnimo de 1 Gb de RAM, precisando tamén de bastante espazo de almacenamento
interno, pois só a súa descarga xa ocupa 888 Mbytes (a tras o proceso de
instalación acapara 1 Gb de disco).
- O xogo por fin pode gozarse de balde en terminais con Windows Phone 8 e un mÃnimo de 1 Gb de RAM
Trailer da versión móbil de FIFA 14