FIFA 17 sae á venda para consolas e PC

xoves, 29 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Ano tras ano os seareiros dos videoxogos de fútbol esperan a chegada ás tendas da nova entrega de EA Sports, convertida en líder absoluto do seu xénero, e hoxe é a data na que o xogo, FIFA 17, chega en versións para PlayStation 4, PlayStation 3, Xbox One, Xbox 360 e PC (Origin), a un prezo recomendado de 69,99 euros para consola e 59,99 euros para PC.
Grazas ao motor Frostbite FIFA 17 redefine o xeito de xogar, competir e vivir o xogo nas consolas de nova xeración (e en PC), onde os xogadores presentan un grande nivel de profundidade e emocións; ou sexa, que os xogadores de Xbox 360 e PlayStation 3 terían unha versión menor do xogo, como vén a ser habitual nos cambios de xeración de consola.
O xogo continúa a explotar as súa posibilidades en liña, permitindo competir até a 22 xogadores, mentres que en local o número de xogadores está limitado a 4; tamén conta cun modo historia chamado O Camiño, no que seguir a traxectoria de Alex Hunter, unha estrela prometedora da Premier League; e o FIFA 17 Ultimate Team tamén continúa a ser un dos puntos fortes para moitos xogadores.

No novo modo historia poderemos cruzarnos con futbolistas e adestradores sobradamente coñecidos

Tráiler do xogo de fútbol de EA Sports

PUBLICIDADE