FIFA 18 verá a luz o 29 de setembro

luns, 5 de xuño do 2017 Marcus Fernández

Electronic Arts confirmou hoxe que o seu xogo FIFA 18 estará dispoñible en todo o mundo a partires do 29 de setembro en versións para PlayStation 4, Xbox One, PC, Xbox 360 e PlayStation 3, deixando claro que as dúas últimas non ofrecen as novidades desta entrega (máis aló da actualización do cadro de xogadores) xa que non están desenvolvidas co motor de xogo Frostbite, que é o que posibilita boa parte das melloras do xogo de fútbol de referencia.
A imaxe de FIFA 18 será Cristiano Ronaldo, quen aparece no xogo recreado con grande fidelidade, xa que os seus movementos rexistráronse hai poucos meses cun traxe de motion capture, de xeito que será posible distinguir o seu xeito de correr e a súa técnica de disparo.
Pero dende EA Sports non se conformaron con ter un Ronaldo, e ficharon a dous, de xeito que teremos unha Edición Icona que contará con Ronaldo Nazário como imaxe, e incluirá a cesión de ambos Ronaldo durante cinco partidos de FIFA Ultimate Team, xunto con moitos outros contidos.

Cristiano Ronaldo será a imaxe do FIFA 18

Tráiler no que se anuncia que Ronaldo será a imaxe de FIFA 18

PUBLICIDADE