FIFA 21 chega a Stadia

martes, 16 de marzo do 2021 Marcus Fernández

Esta semana o servizo de xogo na nube de Google consegue estar de actualidade por estreas moi relevantes, xa que o xoves recibirá finalmente o xogo Terraria (tras solucionarse o conflito entre os seus creadores e Google); hoxe estrea Dragon Quest XI S: Ecos de un pasado perdido, que até o día 31 estará a 31,99 euros; e como grande estrea contará mañá co xogo de fútbol FIFA 21, que tamén sairá á venda a un prezo promocional, e que podería supor un antes e un despois para Stadia, xa que recibe un dos títulos máis vendidos de mercado, que por fin pode xogarse a través de streaming.
O xogo NBA 2K21 tamén ten estes días unha promoción, de xeito que até o martes que vén poderá xogarse de balde para os subscritores a Stadia Pro.

PUBLICIDADE