FLEPia, o lector de libros electrónicos con pantalla en cor
mércores, 18 de marzo do 2009
O pasado verán comentamos
que Fujitsu
presentara FLEPia coma o lector de libros electrónicos que destacaba por
ser capaz de presentar ata 4.096 cores en pantalla, e que sairÃa á venda o
pasado outono no Xapón, pero o dispositivo demorouse e non verá a luz
ata finais do mes de abril.
O FLEPia
conta cunha pantalla táctil de 8 polgadas cunha resolución de 768 x 1.024
pÃxeles que finalmente poderá amosar ata 260.000 cores, conta con Bluetooth e
Wi-Fi, le tarxetas SD de ata 4 Gb e conta cunha autonomÃa de 40 horas de uso
continuado. Só ten 12,5 milÃmetros de grosor e 385 gramos de peso.
- O FLEPia venderase en cores branca e negra
Aparte do seu atractivo evidente (cor, conectividade e mobilidade) tamén o
FLEPia non se limita a ler formatos propietarios coma moitos dos seus
competidores, sendo capaz de amosar documentos PDF, TXT, HTML, Word, Excel,
PowerPoint e XMDF, asà coma os máis habituais formatos gráficos (BMP, GIF, PNG
e JPEG) e sorprende por funcionar cunha versión completa de Windows CE 5.0.
O principal atranco inicial deste dispositivo de Fujitsu será o seu prezo, que
é de 99.750 iens (uns 778 euros), aÃnda que resulta moi interesante de cara ao
futuro da publicación de revistas, xornais e mesmo comics, que poden atopar
neste tipo de dispositivos un soporte bastante axeitado para a súa
visualización, pese a que falta bastante tempo para que mellore en detalles
como a velocidade de refresco (que é de 1,8 segundos para unha pasada e ata 8
segundos para 3 pasadas, como podemos ver nos vÃdeos
de demostración publicados por Fujitsu) ou a resolución gráfica (que dista
bastante da calidade de imprenta).
Demostración do funcionamento do Fujitsu FLEPia