FNAC vende baixo a súa marca tablets económicos de 7 e 10 polgadas
martes, 6 de novembro do 2012
AÃnda que Google parece estar a rachar o mercado cos seus tablets de 7 e 10 polgadas a
prezos de 199 e 399 euros respectivamente, moitos consumidores continúan a
optar por dispositivos máis económicos, o que levou á FNAC a estrear tablets de
seu, continuando coa estratexia iniciada coa comercialización de
eReaders da súa propia marca. Esta nova familia de dispositivos parte co FNAC
Tablet 7 a un prezo de 129,99 euros, mentres que por
199,99 euros ofrece o seu FNAC Tablet 10 para satisfacer aos usuarios que
buscan pantallas de maior tamaño.
Resulta evidente que estes produtos están moi lonxe en prestacións dos tablets
de Google ou de Apple, pero poden resultar suficientes para moitos usuarios. O
FNAC Tablet 7 chega con Android 4.0, pantalla IPS de 7 polgadas cunha
resolución de 1.024 x 600 pÃxeles, procesador Cortex A9 de dobre núcleo a 1,6
GHz, gráfica Mali 400, 1 Gb de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable
mediante microSD), Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa de 4.100 mAh, un grosor de
11 milÃmetros e un peso de 360 gramos, polo que serÃa unha boa opción para quen
quixera un tablet transportable, mentres que o FNAC Tablet 10 coincide en case
todas as prestacións, agás que dobra a súa capacidade de almacenamento interna,
conta cunha baterÃa de 6.400 mAh, pesa 680 gramos e ofrece unha pantalla de
10,1 polgadas cunha resolución de 1.280 x 800 pÃxeles, que non é un alarde de
calidade, pero para certos usuarios serÃa unha alternativa a dispositivos como
o iPad 2.
- O FNAC Tablet 10 poderÃa considerarse como unha alternativa de baixa gama ao iPad 2