Facebook e Apple toman medidas contra os discursos de odio de Infowars
luns, 6 de agosto do 2018
Dende
que se acusase a Facebook de ter afectado seriamente ao resultados de comicios
electorais como a votación que deu a presidencia a Donald Trump ou a que
conseguiu a aprobación do Brexit, as compañÃas tecnolóxicas lanzaron discursos
nos que falaban da súa loita contra a manipulación, as fake news e a protección dos seus usuarios, que parecÃan quedar
unicamente nas palabras, pero nas últimas semanas semella que queren dar
visibilidade ás medidas que están a adoptar as distintas plataformas collendo
como exemplo ao polémico conspiracionista
Alex Jones e ao seu medio Infowars.
Alex Jones non só inventa e difunde teorÃas da conspiración, senón que en
moitos casos acusa a particulares das súas tolas ideas e lanza perigosos discursos
de odio, o que xa lle ten valido a retirada
de vÃdeos de YouTube e, o pasado venres, a
retirada de 4 vÃdeos das páxinas de Facebook de Alex Jones e Infowars, chegando
incluso a bloquear a un dos administradores destas páxinas de Facebook durante
30 dÃas por publicar contidos que violan as normas das páxinas de Facebook.
Dende Facebook tiveron que publicar un comunicado no que dan conta das
numerosas denuncias que están a recibir contra estas páxinas por glorificar a
violencia e lanzar discursos de odio especialmente contra musulmáns, inmigrantes
e transexuais, polo que finalmente decidiron ocultar de Facebook as 4 páxinas oficiais
de Infowars pola acumulación de infraccións das normas do servizo. Polo momento
as páxinas non están eliminadas, xa que Alex Jones ten a posibilidade de apelar
a decisión de Facebook, pero de non realizar tal, borraranse definitivamente.
O máis curioso agora é que a propia Apple tamén se meteu nesta loita contra
Infowars, e vén
de eliminar das plataformas de podcasting 5 dos 6 podcasts de InfoWars,
deixando só RealNews with David Knight
Dende Apple aseguran que non toleran os discursos de odio, e teñen unhas
polÃticas claras ao respecto para creadores e desenvolvedores. De feito, os
podcasts de Infowars tamén foron retirados hai pouco de Spotify, deixando claro
que os xigantes da Internet non queren manter posicións que poidan entenderse
como afÃns a teorÃas da conspiración moi nocivas para a sociedade.
ACTUALIZACIÓN: Finalmente YouTube levou un paso máis aló o bloqueo de episodios en concreto de Alex Jones e cancelou toda a súa canle por infrinxir as normas do servizo.