Facebook e Pandora Radio encabezan as listaxes das app máis populares para iOS

luns, 7 de setembro do 2015 Redacción

A consultora estadounidense de estatísticas App Annie vén de publicar a clasificación das aplicacións máis populares de todo o mundo, no período que vai dende xullo de 2010 até agosto de 2015 e centrándose no ámbito iOS, Ou sexa que a táboa achega cales foron as ferramentas máis descargadas de todos os tempos para trebellos Apple, ademais das que máis ingresos xeraron. Neste punto dos ingresos, en primeiro lugar impúxose o servizo de radio personalizada Pandora Radio.
Pola súa banda, a aplicación de chamadas de balde e servizos de mensaxería Line ocupo o segundo lugar na táboa mundial, de acordo (coma no anterior caso) cos ingresos obtidos na App Store. Os seus impulsores lembran que a devandita aplicación tamén obtivo xa o primeiro lugar no ranking anual realizado en 2013 e 2014.
En terceiro lugar situouse a aplicación Zoosk, que se centralizar en achegar a posibilidade de citas para solteiras e solteiros.
Por descargas, a parte alta da táboa está ocupada por Facebook, seguida por Facebook Messenger, por YouTube e por Instagram e Skype (cuarto e quinto lugar).