Fighter’s History rexorde cunha versión para Nintendo Switch

venres, 4 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

A Nintendo eShop recibiu o xogo Johnny Turbo’s Arcade: Fighter’s History, un xogo de loita por quendas de un contra un que pode mercarse por 7,99 euros e que trátase da adaptación dun vello xogo de Data East que chegou aos salóns recreativos en 1993 como unha clara reacción ante o éxito de Street Fighter II, e que, de feito, lémbrase pola denuncia que púxolle Capcom no seu día para tentar retirar do mercado o que consideraban que era unha copia do seu xogo.
Cómpre recoñecer que Fighter’s History é case un clon de Street Fighter II, imitando a súa estética, a aparencia dos seus loitadores e incluso as súas técnicas, pero dende Data East conseguiron que estas semellanzas fosen recoñecidas unicamente como inspiración, e detalles como os tipos de movementos que realizar co mando para lanzar os ataques non están suxeitos a copyright, fixo que Capcom quedase indefensa ante a aparición de xogos da competencia que se sumasen á febre de xogos de loita que imperou nos anos 90, aínda que cada compañía foi buscando o seu sinal de identidade para diferenciarse.
Coa publicación de Fighter’s History na eShop temos unha oportunidade para revisar esta época, e un xénero que mantense vivo a día de hoxe, pero cunha evolución gráfica e de mecánicas importante, polo que o goce destes primeiros xogos é principalmente un exercicio de nostalxia.

O aspecto dos loitadores de Fighter’s History é moi semellante aos de Street Fighter II

PUBLICIDADE