Filtran as especificacións do que podería ser o primeiro tablet con Windows 8 de Lenovo

mércores, 1 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A poucas semanas para o lanzamento de Windows 8 aínda coñecemos poucos dispositivos que vaian chegar ao mercado con tal sistema operativo agás o Surface de Microsoft, pero agora sabemos un pouco mellor por onde irán os tiros grazas á filtración do que sería o primeiro tablet ThinkPad de Lenovo, que chegaría cunha pantalla táctil IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador dual Atom, 2 Gb de RAM, cámaras de 8 e 2 Mpíxeles, altofalantes estéreo, micrófono con cancelación de ruído, mini HDMI, lector de pegadas dixitais, microSD, conectividade USB 2.0, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, GPS e a opción de contar con conectividade HSPA+.
Mediría 262,6 x 164 x 9,8 milímetros e pesaría 650 gramos. A súa batería de 30 Whr podería achegarlle unha autonomía de ata 10 horas, polo que estariamos ante un dispositivo comparable co iPad en moitos aspectos, quedando principalmente por debaixo no que a pantalla se refire.

Táboa comparativa de distintos elementos do tablet de Lenovo cos do novo iPad

PUBLICIDADE