Fíltranse detalles do novo Samsung Omnia

martes, 9 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Nos vindeiros días agárdase o anuncio do lanzamento do móbil Samsung I8000, alcumado coma Omnia2 ou Omnia II, e do que filtráronse certas características que dan a entender que trátase dun terminal moi interesante ao combinar unha pantalla táctil resistiva AMOLED de 3,7 polgadas e cunha resolución de 800 x 480 píxeles cunha cámara de 8,1 Mpíxeles con flash LED dual e alta conectividade (3G, Wi-Fi, Bluetooth e USB). Tamén terá GPS e lector de tarxetas microSD.
O novo móbil, seguindo a liña doutros produtos semellantes, funcionará sobre Windows Mobile coa interface TouchWiz para facilitar o seu uso e podería anunciarse oficialmente o seu lanzamento o vindeiro luns no transcurso dun evento organizado por Samsung.


Vídeo no que se pode ver a interface de uso do futuro Samsung Omnia2

PUBLICIDADE