Fíltranse fotografías dos vindeiros móbiles insignia de Samsung

luns, 13 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

O vindeiro 11 de febreiro está previsto que Samsung presente os seus novos smartphones insignia, anticipándose ao Mobile World Congress de Barcelona, pero as filtracións ao respecto levan semanas dando que falar, sendo Max Weinbach de XDAdevelopers quen publicou o que parecen ser as primeiras fotografías reais do futuro Samsung Galaxy S20+ 5G.
As imaxes confirmarían que finalmente os sucesores dos Galaxy S10 apostarían por un salto de numeración, mantería a cámara frontal perforada que loce actualmente o Galaxy Note10 e desvelaría o curioso deseño que terá o sistema de cámaras traseiras dos novos móbiles. Como curiosidade, os botóns laterais do smartphone pasarían do lado esquerdo (no Note10) ao lado dereito, o que podería responder ao feedback dos usuarios.
Tamén está previsto que Samsung presente un smartphone con pantalla flexible e formato tipo cuncha, na liña do novo Motorola Razr, e aínda que filtracións anteriores apuntaban a que se chamaría Galaxy Bloom, agora aseguran que o nome deste terminal será Samsung Galaxy Z Flip.

PUBLICIDADE