FÃltrase o que poderÃa ser o Nokia Lumia 510
mércores, 3 de outubro do 2012
Agárdase que no mes de novembro cheguen ao mercado os
terminais Nokia Lumia 920 e 820, que chegan para suceder aos Lumia 900 e 800, de xeito que os móbiles con Windows
Phone máis modestos da compañÃa finlandesa quedarÃan sen relevo directo,
deixando un oco no mercado que parece que vai ocupar un móbil do que veñen de
filtrarse algúns detalles: o Nokia Lumia 510 serÃa un móbil con pantalla de 4
polgadas, 256 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno, procesador a 800
MHz e cámara de 5 MpÃxeles, que poderÃa
ter un prezo de só 150 dólares e que poderÃa chegar a mercados emerxentes
no Nadal e a escala global en 2013.
Un vÃdeo que amosa un suposto prototipo do Nokia Lumia 510 amosarÃa que este
terminal funciona con Windows Phone 7.5, polo que é de agardar que cando
chegue ao mercado xa inclúa Windows Phone 7.8, que serÃa unha versión renovada
incorporando algunhas das melloras propias de Windows Phone 8 (o que
principalmente é o seu novo menú de inicio, pois boa parte das innovacións do
novo sistema operativo móbil de Microsoft precisan dun hardware bastante
esixente).
Parece asà que Nokia non quere descoidar aos seu público obxectivo, e aÃnda que
queira gañarse un posto entre o mercado de móbiles de alta gama, non abandonará
ás masas, e pretende ofrecerlles móbiles asumibles, o que agradecerán os que
non precisen dun potente smartphone
no seu dÃa a dÃa.