Final Fantasy Tactics estrea remake para iOS
venres, 5 de agosto do 2011
Catorce anos
despois da súa estrea para a primeira PlayStation chega
a iPhone e iPod Touch o xogo de rol táctico Final
Fantasy Tactics: The War of the Lions, que destacaba por ser o primeiro
xogo deste estilo dentro da franquÃa de Final
Fantasy e que vendeu máis de 2,4 millóns de copias a nivel mundial (e que
xa fora adaptado á PSP hai 4 anos, con novas secuencias cinemáticas, novos
escenarios e novas profesións).
A nova versión do xogo utiliza un control intuitivo grazas á pantalla táctil
dos dispositivos de Apple (o que resulta especialmente práctico á hora de
manexarse cos mapas), tempos de carga reducidos (coa posibilidade de saltar as
secuencias cinemáticas e escenas de batalla) e cuns gráficos optimizados (aÃnda
que non soporta a resolución da pantalla retina).
Cómpre destacar que o xogo non está traducido ao español, ten un peso bastante
esaxerado (457 Mbytes), un prezo máis elevado do habitual (12,99 euros) e a
recomendación dos usuarios de iPad de que agarden se lles interesa este tÃtulo,
pois no outono adaptarse aos seus trebellos (nunha versión que posiblemente
será moi superior, por resultar máis lexible e manexable nunha pantalla de
maior tamaño).
- Pese aos seus gráficos optimizados, esta versión non aproveita a pantalla retina