Final Fantasy VII Remake deixa ver o seu gameplay en vÃdeo
luns, 7 de decembro do 2015
A pasada fin de semana Sony celebrou a PlayStation
Experience 2015, un evento chamado a presentar futuras novidades para a
PlayStation 4, creando asà confianza en futuros compradores, que en moitos
casos ven como nesta campaña de Nadal a consola de Sony chega cun catálogo de
exclusividades moi frouxo, situación que promete mudar a comezos de 2016, cando
a PS4 comeza a recibir importantes tÃtulos no que poderÃa considerase o comezo
da súa consolidación como consola de nova xeración.
Precisamente coa vista posta no futuro foi o xogo que captou máis atención do
evento, o remake de Final Fantasy VII,
que xa fora a estrela de Sony na pasada edición do E3, e que confirma o seu
interese. AsÃ, esta fin de semana este xogo destacou por partida dobre, xa que
mentres na PlayStation Experiencia estreou
o seu primeiro tráiler de adianto co xogo en acción, a PlayStation Store
recibiu en formato descargable unha conversión da última versión do xogo para
PC, que pode
mercarse por 10,99 euros (prezo especial até o vindeiro dÃa 12), e que
permitirá que os ansiosos poidan recuperar o tÃtulo orixinal moitos meses antes
de que estea listo o remake.
O vÃdeo de adianto do Final Fantasy VII
Remake permÃtenos ver como o novo xogo estará máis orientado á acción que o
orixinal (adaptándose aos gustos dos xogadores actuais) á vez que ofrecerá uns
gráficos de impresión. Iso si, os responsables do xogo queren deixar claro que
a aparencia final do xogo pode distar considerablemente das que vemos agora, xa
que ao xogo aÃnda lle queda moito tempo de desenvolvemento.
Cómpre destacar que aÃnda que a promoción deste xogo estea moi ligada á marca
PlayStation, polo momento só se confirmou que a PS4 recibirá este tÃtulo en primicia, polo que é de agardar que
remate contando con versións para PC e Xbox One (aÃnda que meses máis tarde que
a consola de Sony).
Tráiler de Final Fantasy VII Remake estreado na PlayStation Experience 2015