Final Fantasy XIII non chegará a occidente ata abril de 2010

venres, 16 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Dende Kotaku ilustran con esta imaxe a demora do lanzamento occidental do novo Final Fantasy

Cando Square Enix anunciou o pasado verán que Final Fantasy XIII deixaba de ser un xogo exclusivo para a consola de Sony fóra do Xapón quedou patente a fin dos xogos exclusivos para unha plataforma por parte de empresas alleas ás mesmas, dándose a entender que a práctica totalidade dos xogos para PS3 tamén sairía para Xbox 360 (e viceversa) pero ao presentar a desenvolvedora da saga RPG os seus bos resultados financeiros se desvelou unha mala nova para os xogadores occidentais, pois aínda que o novo Final Fantasy vaia saír no Xapón en 2009, a súa versión internacional para Xbox 360 e PS3 non chegará ata abril de 2010.
Foi o propio presidente de Square Enix, Yoichi Wada, quen deu esta nefasta nova, que parece un desprezo aos xogadores europeos e norteamericanos (o que é habitual dende o Xapón, incluso dende compañías coma Nintendo) aínda que podería responder á estratexia comercial de lanzar as versións de Xbox 360 e PS3 simultaneamente, pois temos que lembrar que no Xapón non se comercializará a versión do xogo para Xbox 360 (que foi a última en comezar a desenvolverse).

PUBLICIDADE