Final Fantasy XIII terá versión para Xbox 360

martes, 15 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Aínda que Square Enix é unha compañía que normalmente asociamos con Sony, o certo é que tamén desenvolven xogos para outras plataformas, pero o anuncio de que van lanzar Final Fantasy XIII para Xbox 360 deu lugar a unha polémica sorpresa, aínda que dende a compañía asegurando que o título se estreará antes para PlayStation 3 no Xapón (en Europa sairán simultaneamente as versión de PS3 e Xbox 360) e confirmaron que o xogo Final Fantasy versus XIII continuará a ser exclusivo para a consola se Sony.
O certo é que a Xbox 360 é unha consola con moi pouca presenza no Xapón, mercado no que arrasan os xogos RPG, de aí que compañías coma Square Enix dean prioridade á PS3, pero ignorar á consola de Microsoft non tiña moita lóxica a escala global, e que acheguen a súa máis longa saga á Xbox 360 faina accesible a un público maior, o que nun principio beneficiaría tanto ao público como á empresa, aínda que dende a compañía tampouco queren asegurar nada sobre se a aposta pola multiplataforma continuará a longo prazo.
Dende Microsoft están a apostar nos últimos meses polos xogos RPG para ver se melloran a súa posición no mercado nipón, e durante o E3 tamén aproveitaron para estrear un novo trailer de Final Fantasy XIII:

PUBLICIDADE