Finalmente ve a luz o reloxo de Apple
martes, 9 de setembro do 2014
A
estas alturas do ano pasado Samsung apresurouse a anunciar o seu
GALAXY Gear, un smartwatch que
buscaba adiantarse ao rumoreado iWatch
de Apple, e finalmente a compañÃa da mazá deu o agardado salto nesta nova gama
de produtos, aÃnda que centrándose nun deseño elegante e compacto en vez de nas
elevadas prestacións, e deixando ao público co mel nos beizos, xa que o produto
non chegará ao mercado até primeiros de 2015 a un prezo que parte dos 349
dólares (distanciándose dos seus competidores a este respecto).
O Apple Watch presume de ser o
produto máis persoal de Apple, que conéctase ao iPhone para seguir de segunda
pantalla, pero buscando unha alta personalización, tanto a nivel de software
como de hardware, xa que o dispositivo chegará en 3 variantes: o Apple Watch (con caixa de
aceiro inoxidable e cor prata ou gris espacial, con cristal de zafiro e
distintas correas), o Apple
Watch Sport (con caixa de aluminio anodizado en prata ou gris espacial, con
vidro Ion-X reforzado e correas en cores vivos) e o Apple Watch Edition
(con caixa en ouro ou en ouro rosa de 18 quilates, cristal de zafiro e correas
e pechos de deseño elegante). Tamén será posible adquirir o reloxo en dous
tamaños (con 38 ou con 42 milÃmetros de alto) buscando adaptarse aos distintos
tamaños de pulso, detalle que coidaron pouco outros fabricantes (facendo que os
seus smartwatches fose moi pouco axeitados para mulleres).
Ante o reducido tamaño de pantalla, Apple decidiu que a tÃpica rosca lateral
(chamada Coroa Dixital) sirva para controlar as aplicacións para suplir boa
parte dos xestos aos que estamos habituados nas pantallas táctiles. O reloxo
tamén dará toques fÃsicos para que
non perdamos as mensaxes dos noso achegados (de xeito que o correo electrónico,
as mensaxes e as chamadas estarán ao alcance do pulso), pode empregarse para
chamadas curtas aproveitando os seus altofalante e micrófono (aÃnda que tamén
facilita o traslado das conversas ao teléfono ou a un auricular Bluetooth
(podendo silenciarse unha chamada con só tapar a pantalla do reloxo coa man) e
resulta especialmente cómodo para a práctica deportiva, pois incorpora monitor
cardÃaco óptico, acelerómetro (para medir os nosos pasos) e pode aproveitar o
GPS do iPhone para rexistrar as sesións de adestramento, suplindo as funcións
principais dos reloxos deportivos actuais (contará con aplicación de
adestramento oficial, que permitirá fixar obxectivos, rexistrar logros e
presentar recordatorios).
O Apple Watch tamén busca abrir unha nova porta ás aplicacións, servindo para
consultar o calendario, empregar mapas, embarcar con Passbook, controlar a
reprodución multimedia, operar como mando a distancia, ver a predición
meteorolóxica ou incluso ditarlle mensaxes a Siri. É de agardar que nos
vindeiros meses cheguen moitas outras aplicacións para este trebello, xa que
Apple vai pór a disposición dos desenvolvedores un WatchKit que facilitará a
creación de novas apps que saiban tirar proveito do Apple Watch.
Outro detalle salientable do Apple Watch é que cárgase mediante un conector que
combina a tecnoloxÃa MagSafe coa carga indutiva, permitindo asà que o interior
do reloxo permaneza completamente selado. Tamén integra NFC, de xeito que
poderÃa empregarse para a realización de pagamentos vÃa móbil, polo que temos
un produto con moito potencial do que teremos que agardar un meses para ver o
que dá de si.
- O Apple Watch permite a personalización da súa interface de reloxo
- Un dos detalles a salientar do Apple Watch é que o seu tamaño e deseño faino atractivo para o seu uso por parte de mulleres
- O sistema de carga do Apple Watch confÃa o agarre magnético coa carga indutiva
VÃdeo de presentación do Apple Watch