Fire TV Blaster: un accesorio para substituÃr os mandos a distancia pola voz
martes, 19 de novembro do 2019
Amazon porá á venda o vindeiro dÃa 11 nos EE.UU. un curioso
accesorio para os dispositivos Fire TV con micrófono ou para os altofalantes
Echo, que poñen á venda por 34,99 dólares, e que consiste nun emisor de
infravermellos para poder aproveitar o recoñecemento de voz de Alexa para o
control de dispositivos manexables con mando a distancia.
O Fire
TV Blaster é asà un complemento que facilita o manexo do televisor mediante
a voz, asà como o control de volume de barras de son ou o uso de receptores de
satélite ou sintonizadores de televisión por cable, reducindo asà o uso dos
mandos a distancia fÃsicos e facilitando o uso dos dispositivos a distancia dende
calquera recuncho da habitación na que estean colocados.
Este trebello ten só 5 centÃmetros de altura, de xeito que pode colocarse de
xeito discreto no salón doméstico, precisando para funcionar basicamente unha
fonte de alimentación por micro-USB (inclúe tanto cable como adaptador de
corrente de 5 watts).
- Grazas ao Fire TV Blaster podemos acender o televisor ou controlar o seu volume coa nosa voz