Fist of the North Star: Ken’s Rage 2 chegará a Europa a primeiros de febreiro
venres, 11 de xaneiro do 2013
O manga de El Puño de la
Estrella del Norte volve ás consolas de videoxogos, confirmando hoxe Tecmo
Koei que o xogo Fist of the North Star:
Ken’s Rage 2 estará
dispoñible en Europa o vindeiro 8 de febreiro para PlayStation 3 e Xbox 360,
coa sorpresa de que a consola Wii U recibirá este tÃtulo cun dÃa de antelación,
pero só
en formato descargable.
Este novo beat’em up retoma a
historia do manga e ofrece aos xogadores varios modos de xogo (Modo Lenda
retomando a historia do manga; Modo Soño con novas liñas argumentais; e os modos
Cooperativo Online e Versus), contará con máis de 20 personaxes xogables (entre
os que non faltan Juda, Rei, Shew, Shin, Thouzer, Jagi, Raoh, Toki, Fudo, Juza,
Mamiya, Ryuga, Ein, Falco, Hyou, Kaioh e Shachi), contará con novos movementos
dinámicos (que se incorporan ao repertorio de golpes da anterior entrega da
saga), incluirá novas accións e tamén ofrecerá a posibilidade de descargar
traxes e niveis para completar este tÃtulo que agradecerán os amantes tanto do
manga como deste xénero de xogos de loita.
- Fist of the North Star: Ken’s Rage 2 reforzará o repertorio de ataques que caracterizan a este tipo de xogos