Flappy Bird volve como xogo exclusivo para Amazon Fire TV
venres, 1 de agosto do 2014
O xogo Flappy Bird
converteuse en todo un fenómeno, que case pasou a mito tras a súa retirada das
tendas de aplicacións para dispositivos móbiles por parte do seu autor, que non
se consideraba preparado para soportar o grande éxito da súa obra, e que comeza
o retorno deste xogo que ten como cerna a súa elevada dificultade. Pero Dong
Nguyen non volve directamente na App Store e en Google Play, senón que a
redefinición do seu xogo desembarca inicialmente en Android a través da
Amazon Appstore como Flappy Bird Family,
un xogo de balde que é compatible coa plataforma Fire TV de Amazon, buscando que
poidamos xogar a este tÃtulo no televisor, podendo competir con outros
xogadores a pantalla partida, achegándolle unha nova dimensión.
Flappy Bird Family inclúe novos
obstáculos e máis diversión, mantendo unha dificultade moi elevada. Queda agora
por ver se os usuarios de Fire TV que lle dean unha oportunidade ao xogo non
rematarán rachando o seu televisor coa frustración que pode chegar a provocar este
tipo de videoxogo.
- Flappy Bird Family está deseñado pensando no enfrontamento de dous xogadores diante do televisor