Forspoken chega a PC e PS5
martes, 24 de xaneiro do 2023
Square
Enix puxo hoxe á venda o primeiro tÃtulo de Luminous Productions, Forspoken, que está
dispoñible para
PlayStation 5 e PC (a través de Steam, Epic Games e a Microsoft
Store), podendo descargarse tamén unha versión de demostración deste xogo
de rol narrativo que convÃdanos a facer cousas extraordinarias para salvar o
mundo de Athia mediante parkour máxico e un amplo repertorio de feitizos
e destrezas.
No xogo controlaremos a Frey Holland, unha moza normal e corrente de Nova York,
que aparece de súpeto no mundo fantástico de Athia, devastado por unha misteriosa
forza coñecida como o Desgarro. A protagonista sobrevive a este estraño
fenómeno de xeito inexplicable, e equipada cun brazalete falante chamado Cepto,
convértese na última esperanza de Athia e debe valerse das súas novas dotes
máxicas para salvar este mundo e atopar o camiño de volta a casa.
O xogo recibirá máis diante unha expansión titulada In Tanta We Trust, incluÃda
na Digital Deluxe Edition.
Tráiler do xogo