Fortnite chega a Nintendo Switch
martes, 12 de xuño do 2018
AÃnda
que a presentación de Nintendo durante o E3 incluÃu información de numerosos
xogos, houbo un en concreto que captou especial atención, xa que non se trata
dun lanzamento a futuro, senón que chega hoxe mesmo: o
modo battle royale de Fortnite está dispoñible dende hoxe para
Nintendo Switch.
Os usuarios de Switch poden descargar de balde Fortnite
na súa consola a partires das 23:00 horas, de xeito que o xogo de PS4, Xbox
One, PC, Mac e móbiles chega á consola de Nintendo mantendo mapa, contidos,
actualizacións, xogabilidade... aÃnda que cunha mala nova por parte de Sony: o
xogo cruzado funcionará entre todas as plataformas agás PlayStation 4.
Deste xeito, os xogadores de Switch poderán competir cos amigos que teñan Fortnite en Xbox One, ordenadores
persoais ou dispositivos móbiles, mentres que a PlayStation 4 marxÃnase
voluntariamente, para desgraza da comunidade, nunha postura que aÃnda é difÃcil
de saber se é prudente ou un erro estratéxico.
As contas de usuario do xogo están ligadas en moitas ocasións á dunha consola (se
crearon a súa conta na mesma), e os que o fixeran con PlayStation Network non
poderán continuar as súas partidas (e trasladar os seus avances e compras)
noutras plataformas, mentres que no resto é posible iniciar sesión en calquera
das máquinas, de xeito que un usuario de Xbox One pode manter os seus progresos
nun iPhone, no ordenador ou en Nintendo Switch, o que claramente é unha vantaxe
para o usuario, pero que dende Sony consideran que ameaza a posición das
consolas.
En vista desta situación o consello parece bastante claro: o mellor xeito de
crear unha conta en Fortnite é usando
un ordenador persoal, evitando asà bloqueos outras máquinas.
Outro detalle salientable do Fortnite de Switch é que esta semana incorporará chat de voz mediante uns simples auricualres con micrófono, sen ter que recorrer a unha aplicación móbil como en Splatoon 2.
Tráiler de Fortnite para Nintendo Switch