Fortnite estrea a súa beta para Android

xoves, 9 de agosto do 2018 Marcus Fernández

Aproveitando que hoxe presentouse o Samsung Galaxy Note9, Epic Games iniciou a beta de Fortnite para Android, versión de proba que durante os primeiros días limítase aos dispositivos Samsung Galaxy de alta gama, aínda que en poucos días chegará xa a máis terminais, de xeito que Samsung conseguiu só unha pena fiestra de primicia (moi lonxe dos 3 meses que se rumoreaban) aínda que os usuarios de terminais a partires do Galaxy S7 e da Galaxy Tab S3 terán a vantaxe de non ter que descargar directamente o APK da aplicación da páxina web de Epic, xa que terán o título dispoñible na tenda de aplicacións de Samsung (pois lembremos que non se distribuirá na tenda de aplicacións de Google).
O que si terán como exclusiva no xogo os posuidores dun Samsung Galaxy Note9 ou dunha Galaxy Tab S4 e o novo traxe de Galaxia.
Nos vindeiros días, e en vagas, iranse incorporando á beta de Fortnite móbiles doutros fabricantes como:
- Google: Pixel / Pixel XL, Pixel 2 / Pixel 2 XL
- Asus: ROG Phone, Zenfone 4 Pro, 5Z, V
- Essential: PH-1
- Huawei: Honor 10, Honor Play, Mate 10 / Pro, Mate RS, Nova 3, P20 / Pro, V10
- LG: G5, G6, G7 ThinQ, V20, V30 / V30+
- Nokia: 8
- OnePlus: 5 / 5T, 6
- Razer: Phone
- Xiaomi: Blackshark, Mi 5 / 5S / 5S Plus, 6 / 6 Plus, Mi 8 / 8 Explorer / 8SE, Mi Mix, Mi Mix 2, Mi Mix 2S, Mi Note 2
- ZTE: Axon 7 / 7s, Axon M, Nubia / Z17 / Z17s, Nubia Z11
En vista desta relación de terminais, resulta evidente que estamos ante un xogo esixente que só funcionará en smartphones de alta gama, o que semella inevitable ao estarmos ante un xogo que é practicamente igual que as versións de PC e consola, aínda que polo momento o soporte de mandos Bluetooth non está dispoñible (características que chegarían en breve).

Cómpre salientar que a instalación de Fortnite para Android ocupa máis de 2 GB no dispositivo
O xogo ofrece en móbiles practicamente as mesmas posibilidades que as versións para ordenadores e consolas

Tráiler de lanzamento da beta para Android de Fortnite

PUBLICIDADE