Fortnite plaxia descaradamente a Among Us
mércores, 18 de agosto do 2021
A última actualización de Fortnite está a provocar
moito rebumbio na Rede, xa que consiste nun modo
de xogo chamado Impostores no que hai que conseguir garantir a
seguridade da ponte descubrindo aos 2 impostores infiltrados entre os até 10
xogadores que encarnan aos axentes da Orde Imaxinada.
Os axentes deben desenvolver numerosas accións de mantemento e completar
distintas tarefas, á vez que están atentos á posibilidade de que algún dos
compañeiros sexa un impostor que estea a realizar sabotaxes, de xeito que cada
vez que se detecte a un compañeiro caÃdo haberá que teletransportarse á ponte
para informar e contrastar sospeitas para ver que é o traidor e votar para
expulsalo.
Os impostores, pola súa banda, deben eliminar a axentes dabondo para facerse co
control da ponte antes de ser descubertos, para o que poderán realizar distintas
accións para gañar tempo e cubrir as súas pegadas, asà como tamén completar
tarefas ordinarias para gañar a confianza do resto de xogadores.
Esta mecánica exposta resulta bastante familiar, xa que trátase da do xogo Among
Us, un dos grandes éxitos durante a pandemia e, aÃnda que o concepto de
xogo non sexa inédito, en Fortnite foi tal o descaro do plaxio que
incluso imitaron
o estilo dos mapas e, como non, replicaron a
terminoloxÃa da produción de InnerSloth para que a descrición do modo de
xogo resultase familiar.
Dende Epic Games non se molestaron en absoluto en disimular a copia de Among
Us, pero tampouco é algo que deberÃa sorprender, xa que o modo Battle
Royale de Fortnite tamén xurdiu como reacción ao éxito de PUBG.
O que acontece nesta ocasión é que Epic Games está en pleno proceso xudicial
contra Apple, procurando botar abaixo as condicións da App Store como un xeito
de defender aos desenvolvedores de xigantes como Apple, cando Epic Games está a
demostrar ter un comportamento moito peor ao abusar dun pequeno estudio como
InnerSloth.
VÃdeo promocional do modo Impostores de Fortnite