Fortnite repartirá 100 millóns de dólares nas súas competicións de 2019

venres, 22 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Dende Epic Games veñen de dar detalles sobre o apartado competitivo de Fortnite, anunciando que de cara ao Fortnite World Cup celebrarán dez fases clasificatorias semanais entre os días 13 de abril e 16 de xuño, poñendo en xogo 1 millón de dólares cada semana entre os xogadores que cumpran coas condicións.
Os 100 mellores xogadores en solitario e os 50 mellores equipos de dúos de todo o mundo uniranse na final de Fortnite World Cup en New York do 26 ao 28 de xullo para optar a un premio de 30 millóns de dólares. Cada un dos xogadores recibirá un mínimo de 50.000 dólares e o campión en solitario conseguirá 3 millóns de dólares.
Pero o mundial de Fortnite non será o único xeito de conseguir premios económicos, ou sexa, que até o remate do ano continuarán a ofrecer premios de 1 millón de dólares cada semana. Tamén organizarán diferentes eventos locais, de xeito que en total destinarán 100 millóns de dólares en premios ao longo de 2019.

PUBLICIDADE