Forza Horizon 4 supera os 7 millóns de xogadores

luns, 21 de xaneiro do 2019 Marcus Fernández

Playground Games está a colleitar grandes éxitos grazas ao seu Forza Horizon 4, xogo que o mes pasado estrou a súa primeira expansión, Fortune Island, que engadiu numerosos contidos para os xogadores tanto de Xbox One como de ordenadores persoais con Windows 10, e que contribuíu a que mantivesen o pulo para poder celebrar estes días que superaron a barreira dos 7 millóns de xogadores.
Este xogo de condución de mundo aberto é un dos mellores xogos de 2018, que en 2019 segue moi vivo, con inmensos escenarios e emblemáticos vehículos e unhas excelentes cifras das que presumir, como son máis de 4,6 millóns de horas de xogo vistas a través de streaming dende o 9 de outubro, máis de 822,7 millóns de millas percorridas polos seus xogadores, máis de 377,7 millóns de carreiras descubertas e, en Horizon Life, máis de 4,1 millóns de propiedades vendidas e máis de 74,4 millóns de coches.
Un datos realmente impresionantes que demostran que os xogos de condución aínda teñen un grande pulo, e no caso de Forza Horizon 4 é aínda máis destacable, xa que pertence a unha franquía exclusiva de Microsoft, ou sexa, que non está presente nin en PS4 nin en Nintendo Switch, que son as consolas de moda.

Tráiler da expansión de Forza Horizon 4

PUBLICIDADE