Fossil presenta dous novos smartwatches con Android Wear
martes, 9 de agosto do 2016
Fossil, co reloxo
Q Founder, conseguiu meterse no mercado dos smartwatches con Android Wear
con grande elegancia, ofrecendo unha aparencia de reloxo de pulso tradicional
sen disparar o seu prezo de venda, e agora prepárase
para a ampliación desta familia de dispositivos co Q Wander e o Q Marshal,
que buscan ser reloxos para o dÃa a dÃa que tiren proveito das prestacións dos wearables e que poderán reservarse a
partires do 12 de agosto.
Estes novos smartwatches contan cunha pantalla táctil sempre activa, unha caixa
de 45 milÃmetros, vibran ante notificacións, son compatibles con iOS e Android,
están dispoñibles en toque clásico e aceiro, poden configurarse para a práctica
deportiva marcado obxectivos de actividade e pasos, teñen esferas
configurables, as súas correas son intercambiables, contan con cambio
automático de zona horaria, funcionan cun sistema de carga magnética e son
compatibles con numerosos sistemas de rexistro de actividade.
O Q Wander busca ser o modelo elegante, cunha curvatura suave e un bo acabado,
mentres que o Q Marshal opta por unha caixa resistente, sendo ambos reloxos
equiparables en prestacións e personalización, de xeito que a elección entre un
e outro parece simplemente unha cuestión de
gusto, tendo ambos un prezo de 295 dólares (o prezo europeo aÃnda non se
anunciou).