FreedomPop converte o GALAXY S II nun móbil económico para comunicacións seguras
mércores, 5 de marzo do 2014
Durante a pasada edición do Mobile World Congress de
Barcelona soubemos
de Blackphone, un produto de Geeksphone que integra software para permitir
comunicacións seguras e que ten un prezo libre de 629 dólares, pero este
produto poderÃa ter que facer fronte a un importante competidor, FreedomPop,
compañÃa que vén de anunciar o seu Privacy
Phone por só 189 dólares (137,6 euros), que vén a ser un smartphone Samsung
GALAXY S II cargado con software que permite cifrar chamadas e mensaxes a
través da Rede mediante unha rede privada virtual (VPN) con cifrado de 128 bits.
The Privacy Phone tamén
permite navegar de xeito anónimo pola web, evita a monitorización por parte de
terceiro, protexe o teléfono de malware,
mantén os contactos, o historial de chamadas e as mensaxes de texto protexidas
de miradas curiosas, permite bloquear comunicacións non solicitadas e tamén
conta con medidas para protexer os datos no caso de que perdamos ou nos rouben
o terminal (facilitando tamén a súa localización).
Cómpre destacar que as
prestacións de privacidade do terminal precisan de subscrición (10 dólares/mes),
incluÃndo 3 meses de balde coa compra do smartphone.