Fruit Ninja ou o vicio de cortar froita no iPhone

venres, 11 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Para iPhone e iPod Touch existen multitude de videoxogos moi sinxelos que conseguen moita sona e éxito por ser aditivos, e dentro destes temos que destacar Fruit Ninja, título de Halfbrick Studios que está á venda na App Store por 0,79 euros e que consiste en utilizar a pantallas táctil dos terminais de Apple para cortar co dedo froita que lanzan polo aire, tendo tino con non cortar bombas mesturadas coa froita que, de tocalas, supoñen o remate da partida.
Este atractivo xogo ten un modo de xogo clásico (que consiste en aguantar o máximo de tempo posible podendo fallar só 3 veces o corte de froita) e un modo contrarreloxo (que consiste en cortar o máximo de froita posible en 90 segundos). Tamén é compatible coa plataforma OpenFreit para permitir publicar as nosas puntuación para competir con outros xogadores á vez que aprendemos divertidos proverbios do sabio Sensei ninja.

PUBLICIDADE