Fujifilm prepara unha pequena cámara con revelado instantáneo

venres, 23 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Recuperando o espírito das vellas cámaras instantáneas, Fujifilm pon á venda no Xapón a súa cámara Instax mini 90, que permite disparar fotografías cun aire retro, podendo axustarse para poder adaptarse a distintas condicións, sendo incluso capaz de tomar boas imaxes nun modo festa (no que engade brillo aos fondos).
Esta nova cámara usa o papel instantáneo de Fujifilm reproducir imaxes de 5,4 x 8,6 centímetros, conseguindo levar esta tecnoloxía de revelando un paso adiante reducindo considerablemente o tamaño da cámara, para facela máis compacta (mide 111,4 x 91,9 x 57,2 milímetros e pesa 296 gramos).
A Fujifilm Instax mini 90 sairá á venda no Xapón o 20 de setembro a un prezo de 19.800 iens (149,95 euros), sendo toda unha incógnita se conseguirán pór de moda un tipo de cámara que parece estar obsoleta un momento no que os smartphones están a ocupar o espazo deste tipo de produtos.

A Fujifilm Instax mini 90 quere recuperar as cámaras de revelado instantáneo

PUBLICIDADE