Fujitsu presenta un todo-en-un con pantalla e cámara 3D

xoves, 13 de maio do 2010 Marcus Fernández

Fujitsu presentou esta semana no Xapón un novo ordenador todo-en-un que van pór á venda antes de rematar o ano e que vai innovar ao integrar un panel compatible coa visualización 3D (con axuda de lentes) e unha cámara dual que permite a producir imaxes e vídeos estereoscópicos.
Dende Fujitsu pretenden que o equipo sexa moi doado de utilizar, e podería abrir a posibilidade de realizar videoconferencias 3D dun xeito bastante sinxelo, aínda que pode resultar un tanto ridículo que ambos interlocutores teñan que levar un lentes que permitan ver as imaxes captadas con profundidade.

PUBLICIDADE