Funda para o portátil con aparencia de xornal

luns, 13 de abril do 2009 Marcus Fernández

Unha pequena empresa española chamada MiteMite sorprende cunha liña de complementos baseados en xornais, coma unha funda para o portátil que procura imitar a aparencia dun xornal dobrado, podendo elixirse entre distintas cabeceiras ficticias inspiradas en medios reais (Le Pais, La Vanguarda, La Grettezza dello Sport, Herold Tribune ou Frankfurten Allgemeine) e que podería servir para disimular que se está a levar un ordenador debaixo do brazo, evitando así suspicacias por parte dos amantes do alleo.
A mesma empresa leva o mesmo concepto a un amplo abano de tamaños, de xeito que carteiras e bolsos coa aparencia dun xornal poderían ser unha interesante medida anti-roubos, sempre que estes produtos de MiteMite non gocen de moita sona.

PUBLICIDADE