Funda para protexer o iPhone 3G/3GS da auga
luns, 10 de agosto do 2009
Coa chegada do verán moitos
usuarios temen pola integridade dos seus trebellos electrónicos nos seus usos
de lecer, especialmente preto de praias e piscinas, de aà que Sanwa comezase a vender no Xapón por 3.280
iens (24,75 euros) unha funda para o iPhone 3G e o iPhone 3GS que protexe
non só de salpicaduras, senón tamén de caÃdas na auga, conservando a
funcionalidade da pantalla táctil do terminal e contando coa
posibilidade de utilizar auriculares resistentes á auga.
Con este accesorio poderemos tirar fotografÃas co iPhone na piscina ou na praia
sen temer polo móbil, pois moitos xa viron cómo é preciso ter moita sorte para
que o móbil saia indemne tras este tipo de accidente, como podÃa verse nun popular vÃdeo de YouTube
que superou as 600 mil reproducións en pouco máis dun mes: