Maletíns e mochilas para portátiles fabricadas con material reciclado
xoves, 3 de decembro do 2009
Port Designs, a
firma fabricante de solucións de transporte, protección e ergonomía
especializada en ordenadores portátiles que sempre nos sorprende con modelos
que se axustan á perfección aos nosos gustos e necesidades, vén desta volta de
lanzar ao mercado a nova liña Chicago Eco, que ademais de protexer o noso
portátil, é respectuosa co medio ambiente, favorecendo a súa conservación.
As fundas desta
gama están feitas con fibras naturais e material PET, é dicir, material
fabricado a partir de botellas de plástico recicladas, compactadas e
convertidas en tecido que lle ofrecen ao consumidor a confianza de estar
empregando un produto 100 por cento respectuoso co medio ambiente.
Cada maletín ou
mochila Chicago Eco equivale a unhas 24 botellas de plástico que terían acabado
no lixo ou en calquera das nosas idílicas praias de non ser pola iniciativa de
reciclaxe levada a cabo por empresas concienciadas coa natureza como esta.
O fabricante
desta gama, que lanzou os produtos a un prezo “accesible á maioría dos petos”, é sabedor de que as máis das veces,
a palabra “ECO” leva consigo un
incremento considerable no prezo final, facendo que os consumidores se decanten
por outro tipo de produtos menos respectuosos, porén esta marca, fixou o prezo
desta nova gama nunha cantidade moi competitiva, “diferenciándose así de outros produtos tamén ecolóxicos pero elitistas”,
segundo apunta Álex Huguet, o Country Manager Iberia de Port Designs.
Trátase pois de
produtos ecolóxicos, a prezos de competidores “non ecolóxicos”, que fomenta o
consumo de produtos reciclados sen afectar aos petos dos consumidores.
A familia Chicago
Eco está integrada por tres maletíns (para ordenadores de 14, 15.4-16 e
17-18,4”) e unha mochila para pantallas estándar de ata 16”. Os maletíns
inclúen, ademais do compartimento para o portátil, dotado de dúas correas para
suxeitar o dispositivo, un peto dianteiro para accesorios e un terceiro “peto segredo” para gardar documentos de
viaxe. Teñen asa ergonómica e unha correa que permite fixalo ao brazo
telescópico dunha maleta trollei.
A mochila, pola
súa banda, incorpora todas as vantaxes do fabricante, tales como múltiples
petos, sistema de protección para o portátil que amortece os golpes,
chuvasqueiro reversible, un lado reflectinte adaptado á normativa da DXT… así
como unha almofadiña semi-rixida na
zona das costas que protexe a columna vertebral á hora de transportar o
portátil.
Esta liña está
dispoñible á venda nas tendas El Corte Inglés, custan a partir de 39,99 euros
segundo o modelo e teñen garantía de por vida.