Fútbol Manager Clicker, o novo xogo móbil de MeigaLabs
luns, 9 de maio do 2016
O estudio
galego de videoxogos MeigaLabs, responsables do xogo móbil Alcalde Corrupto, volven á carga cun
novo clicker, xogo de mecánica
sinxela que case se limita a dar toques en pantalla sobre certos elementos,
pero que desta volta está disfrazado de xogo de xestión de equipos de fútbol, o
Fútbol
Manager Clicker, que podemos descargar
de balde para iOS, para Android
e incluso para
Windows 10, de xeito que podemos gozar do mesmo en smartphones, tabletas e
equipos informáticos, contando incluso con versión en galego.
O xogo, no que principalmente teremos que premer sobre balóns para disparalos a
porta e asà acumular puntos, permite a fichaxe de xogadores (que irán
mellorando nos adestramentos) e permitirá asà certos elementos de
administración de equipos, podendo incluso xogar partidos e ascender de liga.
Trátase dun xogo apto para todos os públicos, no que resulta moi doado progresar
inicialmente, pero que rematará resultando un reto segundo se vaia avanzando no
mesmo. Integra unha moeda propia coa que poder adquirir melloras.
Tráiler do xogo