Futurama estrea xogo para Android
martes, 24 de novembro do 2015
O estudio berlinés Wooga sorprende lanzando un novo xogo
móbil baseado na serie televisiva Futurama,
grazas a un acordo coa Fox, de xeito que en
Google Play xa está dispoñible Futurama:
Game of Drones, un tÃtulo que tomando un argumento e unha estética
propios da serie de televisión de Matt Groening, limÃtase a ser un simple xogo
de crebacabezas de xuntar pezas da mesma cor (que son os drons aos que fai referencia o tÃtulo). Ou sexa, que estamos nun
dos moitos clons de Bejeweled (como o
propio Candy Crush Saga) que como
principal eiva ten que neste momento non está dispoñible nin para todos os
mercados nin para todos os dispositivos.
Os afortunados que poidan gozar do mesmo poderán comprobar que estamos ante un free-to-play que podemos instalar de
balde, pero que inclúe compras na aplicación (polo que non serÃa de sorprender
que o seu lanzamento limitado responda simplemente á prudencia, para evitar que
os servidores da compañÃa non poidan atender a elevada demanda inicial dun xogo
baseado nunha franquÃa tan célebre).
- O xogo é un sinxelo quebracabezas no que hai que xuntar drons da mesma cor.