GC sela unha alianza con medios dixitais de Bretaña, Québec, Aragón e a Occitanía

martes, 7 de agosto do 2012 Fernando Sarasketa

O medio dixital Galicia Confidencial, de quen falamos hai pouco nesta web para dar conta da posta en marcha, dende o seu seo, dunha canle de comunicación destinada a rachar cos estándares da prensa galega (dixital ou tradicional), vén de informar dun acordo formalizado recentemente cunha serie de medios internacionais co fin de afianzar a información da nosa terra en países con alicerces e características sociais e culturais comúns. E viceversa: co obxectivo de ampliar o noso coñecemento sobre a actualidade destas outras nacións con linguas que, como a nosa, amosan en diferente grao certos problemas de normalización.
O acordo en cuestión foi asinado con medios de Bretaña, Québec, Aragón e Occitanía, máis polo miúdo con 7seizh, portal baseado na Bretaña, Jornalnet Gaseta Occitana D’informacións , editado pola Associacon entara Difusion d’Occitània en Catalonha, Le Quebecois portal baseado nesta rexión canadense de fala francesa e Arredol, diario dixital en aragonés. A alianza con estas canles permitiralle a Galicia Confidencial, entre outras cousas, reproducir libremente contidos publicados por aquelas.

PUBLICIDADE