GDG Vigo organiza unha xornada sobre Progressive Web Apps

xoves, 7 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Para o Grupo de Desenvolvedores de Google de Vigo parece que o verán fáiselles moi longo, e non queren pasar tanto tempo sen actividade, polo que para o vindeiro 29 de xullo sorprender organizando unha actividade no Círculo de Empresarios de Galicia entre as 17:30 e as 22:00 horas que centrarase no desenvolvemento de Progressive Web Apps, aplicacións web que aproveitan as últimas tecnoloxías para ofrecer ao usuario unha boa experiencia de aplicacións, instantaneidade, funcionamento fóra de liña, notificacións...

Abdón Rodríguez será o encargado de introducir aos asistentes ao evento de GDG Vigo nas Progressive Web Apps

O Progressive Web App Dev Summit Extended Vigo está compostos por charlas curtas e introdutoras sobre Progressive Web Apps, acompañando cada relatorio cun obradoiro práctico. Aínda falta algún relator por confirmar, pero o que si confirman dende a organización é que haberá pizza para todos os asistentes e lembran que para poder facer os codelabs será preciso acudir cun ordenador (a poder ser con Node.js instalado e un editor de texto).
Os relatores que si están informados son Abdon Rodríguez Davila, quen realizará a pertinente introdución ás Progressive Web Apps, mentres que Orestes Carracedo dará conta das notificacións push na web.

PUBLICIDADE