GTA: Vice City chega á PlayStation 3 como xogo descargable

mércores, 30 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Mentres o público espera á chegada de Grand Theft Auto V é un bo momento para recuperar anteriores entregas da saga, o que aproveitaron lanzando ai pouco Grand Theft Auto: Vice City para iOS e Android, e agora repiten a mesma aposta pola nostalxia incluíndo o xogo na colección PS Classics da PlayStation Store, de xeito que pode descargarse dende a PlayStation 3 por un prezo de 9,99 euros para poder volver a gozar deste clásico que vén de celebrar o seu décimo aniversario, á vez que anuncian que nas vindeiras semanas chegarán outros clásicos de Rockstar á PSN en formato descargable.
Este xogo da saga GTA sitúanos en Vice City (unha urbe que chega da praia ao pantano e do gueto aos barrios máis elitistas) encarnando o papel de Tommy Vercetti, un ex presidiario que tras certas complicacións ten como única saída tomar o control da cidade. Aínda que GTA: Vice City pode agora gozarse na PS3, realmente segue a ser un xogo de PS2, que corre grazas á emulación da anterior xeración da consola de Sony, polo que é fiel á súa versión orixinal (aínda que algunha das súas funcións poderían non estar dispoñibles).

Tommy Vercetti volve a Vice City enredándose nunha empresa polo poder

PUBLICIDADE