GTA: Vice City chegará a dispositivos móbiles en decembro

mércores, 21 de novembro do 2012 Marcus Fernández

Rockstar Games anunciou que para celebrar o 10º aniversario do seu xogo Grand Theft Auto: Vice City, vai estrear o vindeiro 6 de decembro na App Store e en Google Play versións móbiles deste xogo que nos EE.UU. venderanse a 4,99 euros mentres que en Europa parece que teremos que pagar 3,99 e 4,54 euros respectivamente.
Esta edición conmemorativa do xogo de Rockstar levará a experiencia completa do título orixinal a dispositivos móbiles, contando incluso con gráficos mellorados (para lucir ben, por exemplo, nas pantallas Retina), grazas a que actualmente a meirande parte dos dispositivos móbiles superan de sobra o potencial gráfico dos ordenadores medios de hai unha década.
A versión de iOS de Grand Theft Auto: Vice City 10th Anniversary Edition funcionará en iPad, iPhone 4/4S/5 e iPod Touch de 4ª ou 5ª xeración, mentres que para Android a listaxe de dispositivos compatibles publicada corresponde a numerosos modelos de móbil (Motorola Razr, Razr Maxx, Razr Maxx HD, Motorola Atrix, Motorola Photon, Motorola Droid Bionic, HTC Rezound, HTC One X, HTC One S, HTC Evo 3D, HTC Sensation, HTC Droid Incredible 2, Samsung Galaxy Nexus, Samsung Nexus S, Samsung Galaxy Note 1 & 2, Samsung S2, Samsung Galaxy R, Sony Xperia Play, Sony Xperia S, P, T & TL, Sony Walkman Z Series Media Player, Samsung Galaxy S2, Samsung Galaxy S3 e Google Nexus 4) e de tablet (Acer Iconia, Asus Eee Pad Transformer, Asus Eee Pad Transformer Prime, LG Optimus Pad, Medion Lifetab, Motorola Xoom, Samsung Galaxy Tab 8.9 / 10.1, Samsung Galaxy Tab 2, Samsung Galaxy Note 10.1, Sony Tablet S, Sony Tablet P, Toshiba Thrive, HTC Flyer, Google Nexus 7 e Google Nexus 10).

PUBLICIDADE