Game Informer adianta multitude de detalles do Grand Theft Auto V
xoves, 8 de novembro do 2012
A
revista Game Informer vén de publicar
o seu número de decembro, que xa pode descargarse en formato dixital, o que
tivo bastante relevancia na Rede porque o exemplar desvela numerosos detalles
sobre o xogo Grand Theft Auto V,
entre os que destaca o feito de que o mundo do novo tÃtulo de Rockstar será
maior que os de Red Dead Redemption, GTA: San Andreas e Grand Theft Auto IV xuntos, o que agradecerán os afeccionados
aos tÃtulos tipo sandbox que gocen da
liberdade que ofrece o xénero.
O xogo chegará na primavera de 2013 a Xbox 360 e PlayStation 3, e entre os detalles
que se deron a coñecer nas últimas hora están que terá 3 protagonistas
principais (Michael, Trevor e Franklin) que colaborarán nalgunhas misións
(podendo controlar a un ou outro en función do que desexemos facer); cada
personaxe terá a súa personalidade, grupo de habilidades e grupo de amigos co
que relacionarse; os personaxes tamén terán cadanseu pasatempo único; a
historia está ambientada no mesmo mundo de GTA
IV e Liberty City de xeito que
será posible cruzarse con personaxes secundarios deses xogos; contará con
misións dinámicas (na liña de Red Dead
Redemption), carecerá de romances; terá economÃa pero non permitira mercar
propiedades; contará cun sistema de combates corpo a corpo mellorado e
presentará un mundo máis vivo que nunca (nubes que se moven, cadelos que ladran
canto de achegas ao xardÃn no que están...). En definitiva, unha revolución que
incrementará a expectación ao redor deste tÃtulo que aspira a ser o lanzamento
máis importante de 2013.
- A portada da Game Informer amosa aos protagonistas de GTA V</Em>
- Cada personaxe terá as súas habilidades