Garmin Oregon 550t: GPS para exploradores

xoves, 7 de maio do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados a botarse ao monte para explorar poden contar agora con dous novos receptores de GPS de Garmin, modelo Orengon 550 e 550t, que integran unha cámara dixital de 3,2 Mpíxeles, o que facilita que tomemos instantáneas nos lugares que visitemos de xeito que estas fotografías quedarán xeolocalizadas (elemento que aproveitan cada vez máis plataformas).
Para cumprir ben con seu obxectivo, estes trebellos son resistentes á auga e inclúen compás de 3 eixes. Miden 5,8 x 11,4 x 3,5 centímetros, pesan 193 gramos, a súa autonomía é dunhas 16 horas, contan cunha memoria interna de 850 Mbytes ampliable mediante tarxetas microSD e os seus prezos serán duns 500 e 550 euros, de xeito que o modelo máis avanzado (o 550t) inclúe coma elemento diferenzador os mapas topográficos con elevación de toda Europa.
Estes dispositivos GPS teñen unha pantalla táctil de 3 polgadas cunha resolución de 240 x 400 píxeles e lexible en ambientes con moita luz. Amais, poden utilizándose de xeito personalizado baixo 5 perfís: automóbil, mariño, lecer, fitness e geocaching.

PUBLICIDADE