Garmin terá o seu propio móbil con GPS e navegador web
xoves, 31 de xaneiro do 2008
A marca de navegadores GPS Garmin sorprende ó
anunciar que lanzará
no terceiro trimestre do ano un teléfono móbil que levará a navegación persoal
e a comunicación a un novo nivel, combinando nun único dispositivo un móbil
de altas prestacións, navegador web móbil e un navegador persoal.
O nüvifone contará cunha pantalla
táctil de 3,5 polgadas, terán un deseño elegante, será sumamente delgado e
contará con conectividade HSDPA, de xeito que será ó igual que o iPhone se
presentou coma a combinación perfecta entre móbil e reprodutor multimedia,
Garmin fai o propio fusionando móbil e GPS.
As iconas principais amosadas na pantalla do nüvifone corresponden as opción de
chamar, buscar e ver mapa, e
poderase adaptar de xeito doado para o seu uso no automóbil. Incluirá mapas
precargados de Norteamérica e Europa, e será o primeiro dispositivo do
fabricante en facer uso do servizo de buscas locais de Google. Tamén acceder ó
servizo Garmin Online que achega datos sobre o tráfico en tempo real, o prezo
do carburante, cotizacións bolsistas, resultados deportivos, novas, eventos
locais e predicións meteorolóxicas.
Integrará unha cámara de vÃdeo e soporte de MP3 e MPEG4/AAC.