Gears Tactics chega a ordenadores persoais

mércores, 29 de abril do 2020 Marcus Fernández

O xogo Gears Tactics por fin está dispoñible para ordenadores persoais a través de Xbox Game Pass, a tenda de Windows 10 e incluso Steam, confiándose que este xogo de estratexia por quendas poida rematar chegando a consolas a finais do ano (existe a posibilidade de que sexa un dos títulos de lanzamento de Xbox Series X).
Este xogo traslada o universo de Gears of War a un xénero moi diferente ao da acción en terceira persoa, de xeito que temos un xogo de estratexia que consegue trasladar a sensación de acción propia desta franquía, e que sitúa a acción 12 anos antes do primeiro Gears of War, con cidades do planeta Sera comezando a sucumbir ante a ameaza da horda Locust.
Neste agresivo xogo por quendas controlaremos un escuadrón que haberá que mellorar e equipar ao longo das misións para poder ir superando as agresivos batallas rápidas contra inimigos case imparables e con xefes colosais que mudan por completo a escala da batalla.

En Gears Tactics tamén teremos que enfrontarnos a xefes colosais

PUBLICIDADE