Gigaset pon á venda os seus primeiros tablets con Android
venres, 29 de novembro do 2013
- O Gigaset QV1030 podemos velo como unha alternativa ao iPad Air
A
marca claramente recoñecida polos seus teléfonos domésticos sen fÃos, Gigaset
AG, anunciou estes dÃas a súa entrada no mercado dos tablets, o que fará
cun par de dispositivos de elevadas prestacións co sistema operativo Android
4.2.2 e con pantallas de 8 e 10,1 polgadas, aos que se irán engadindo outros
modelos durante o ano que vén. O primeiro paÃs no que estarán dispoñibles estes dispositivos é Alemaña.
O tablets máis ambicioso de Gigaset serÃa o QV1030, que
chega cun procesador nVIDIA T40S de catro núcleos a 1,8 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb
de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC de ata 32 Gb),
pantalla IPS de 10,1 polgadas cunha resolución de 2.560 x 1.600 pÃxeles (o que
supón unha densidade de pÃxeles superior á da pantalla Retina do iPad Air),
cámaras de 8 e 1,2 MpÃxeles, Wi-Fi N de dobre banda, Bluetooth 4.0 LE, altofalantes
estéreo, baterÃa de 9.000 mAh (que permitirÃa navegar pola web ata 10 horas) e
un prezo de 369 euros.
Pola súa banda, o Gigaset
QV830 confórmase cun procesador Cortex A7 de catro núcleos a 1,2 GHz, 1 Gb
de RAM, 8 Gb de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC de
ata 32 Gb), pantalla IPS cunha resolución de 1.204 x 768 pÃxeles, cámaras de 5
e 1,2 MpÃxeles, Wi-Fi N (dunha banda), Bluetooth 4.0 LE, un altofalante, baterÃa
de 3.260 mAh e un prezo de 199 euros.
Sorprende ver como un novo axente atrévese a entrar no mercado cuns prezos que
só distan uns 90 euros dos seus equivalentes no catálogo de Apple.
- O Gigaset QV830 parece chamado a competir co vello iPad mini